Thursday 19 de September de 2024

‘Asubiar’ e ‘cabecearas’, vocábulos escollidos pola xincana lingüística do SNL en Cerceda


O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes (SNL) visitou novamente o municipio de Cerceda para continuar coa súa xincana lingüística. Preto dunha vintena de rapaces e rapazas incentivaron o seu idioma galego con xogos e probas coas que pasaron un moi bo momento. Unha destas actividades consistiu en construír palabras e vocábulos novos, que no seu caso foron ‘asubiar’ e ‘cabecearas’.